Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 29 de outubro de 2013 Páx. 42433

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (1272/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento modificación substancial de condicións laborais 1272/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Begoña Fernández Soutelo contra as empresas Coruñesa de Ahorro Energético, S.L.U., Esinor Sistemas, S.L.U., Ministerio Fiscal, Galega de Técnicas e Investimentos, S.L., Fogasa, Pocomaco Inversiones, S.A., sobre mobilidade xeográfica e funcional, se ditou a seguinte resolución:

Resolvo:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Begoña Fernández Soutelo fronte ás empresas Coruñesa de Ahorro Energético, S.L.U., Galega de Técnicas e Investimentos, S.L. e Esinor Sistemas, S.L.U., e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento, con condena das empresas indicadas a que readmitan inmediatamente a traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento ou ben, á elección das empresas, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo isto con aboamento, en caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise a parte demandante ata a data da notificación desta sentenza.

Esta opción deberase exercer en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido ese termo sen optar, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que deberán aboar as empresas citadas son os seguintes:

– En concepto de indemnización, de optar por ela: 26.023,90 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación desta sentenza, calculados a razón de 92,12 €/día, e que ata a data desta sentenza ascenden a 26.807,89 euros.

3º. Todo isto con absolución de Pocomaco Inversiones, S.L.U. en canto á acción de despedimento exercida contra ela.

4º. Desestímanse as restantes accións exercidas pola demandante sobre modificación substancial de condicións de traballo/extinción de relación laboral.

5º. O Fogasa deberase ater a esta resolución nos termos do artigo 23.6, inciso primeiro, da Lei reguladora da xurisdición social, e do artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, advertindo de que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado, no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se practique a notificación. Advírtase igualmente o recorrente que non for traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030.1846), a nome deste xulgado co número 1533.0000.36.1272.12, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co nº 1533.0000.60.1272.12 a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario por esa cantidade, no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista e incorporalos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o maxistrado que a ditou, en audiencia pública do día da data, do que dou fe.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Pocomaco Inversiones, S.A. e a Galega de Técnicas e Investimentos, S.L., expídese este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 9 de outubro de 2013

O secretario xudicial