Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 11 de novembro de 2013 Páx. 43825

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 28 de outubro de 2013 pola que se aproba o deslindamento total do monte veciñal en man común da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Mourente, no concello de Pontevedra.

Examinado o expediente de deslindamento total dos montes veciñais en man común da da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Mourente (en diante CMVMC) e tendo en conta os seguintes

Antecedentes.

Primeiro. Os montes rexistrados a nome da comunidade de montes de Mourente son os seguintes: monte Pedreira, Amproa, Castro ou Senín, Vilaverde, Montiño, Freixeiro, Montecelo, clasificado no ano 1981 cunha cabida de 27,90 ha; monte Castrosenín, clasificado no ano 2000 cunha cabida de 13,71 ha; monte Cachadeiras, clasificado no ano 2003 e cunha cabida de 0,20 ha; e monte Campo de Cons e monte das Ceñas, clasificado no ano 2004, e cunha cabida de 2,31 ha.

Segundo. O 26.2.2008, o entón director xeral de Montes e Industrias Forestais autorizou que se realizase o deslindamento total dos montes veciñais en man común dos veciños da parroquia de Mourente, no concello de Pontevedra.

No Diario Oficial de Galicia núm. 67, do 8.4.2008 publicouse o Edicto do 28.2.2008 polo que se anuncia o comezo do deslindamento do monte veciñal en man común dos veciños da parroquia de Mourente, concello de Pontevedra. Do mesmo xeito, en cumprimento do artigo 98 do Decreto 485/1962, do 22 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de montes, as operacións de deslindamento notifícanse ás persoas interesadas ás que este fai referencia, contendo as notificacións as mesmas previsións que as fixadas no Edicto do 28.2.2008.

No xa citado edicto, fíxase o 15.7.2008 como día para o comezo das operacións de deslindamento, emprázase aos estremeiros e ás persoas que puideran ter un interese lexítimo para que asistan ao acto e dáse un prazo de 45 días naturais desde a publicación deste anuncio para que, os que se consideren con dereito á propiedade do monte ou parte del, e os estremeiros que desexen acreditar o que poida corresponderlles, presenten os documentos pertinentes.

Terceiro. Un total de 89 persoas interesadas presentaron documentación relativa ao dereito de propiedade, en cumprimento do artigo 97 do Decreto 485/1962. Esta documentación foi remitida ao Gabinete Xurídico Territorial de Pontevedra, para que procedese á súa cualificación, de acordo co disposto no artigo 100 do Decreto 485/1962, do 22 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de montes. O citado gabinete emitiu informes sobre a documentación presentada e clasificou os documentos achegados en dous grupos.

Unha vez recibidos os informes do Gabinete Xurídico o enxeñeiro operador emitiu informe sobre clasificación de predios e dereitos que foron aprobados polo xefe de Servizo de Montes co fin de cumprir o establecido no artigo 103 do Decreto 485/1962, do 22 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de montes.

Finalmente solicitouse ao Rexistro da Propiedade que estendese anotación preventiva nos predios daqueles propietarios incluídos nos grupos C) e D) no informe do enxeñeiro operador.

Cuarto. Para cumprir o Edicto do 28.2.2008, a que se fai referencia no antecedente primeiro, o 15.7.2008 iniciouse a realización do apeo das estremas do monte.

Para a realización do apeo, tívose en consideración o disposto na Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, que atribúe a propiedade á comunidade veciñal correspondente, en tanto non exista sentenza firme en contra.

Apeáronse un total de 10 montes: Castrosenín, Peneirada (3 parcelas), Montiño, As Ceñas, Cachadeiras (4 parcelas), Freixeiro (3 parcelas), Amproa, Montecelo (6 parcelas), Cons (6 parcelas) e Vilaverde (2 parcelas), e situáronse un total de 561 piquetes, 539 na liña principal e 22 en liñas auxiliares e en parcelas non propostas.

A superficie total apeada foi de 44,02 ha, das cales 29,36 ha corresponden a Castrosenín, 1,61 ha a Peneiradas, 0,50 ha a Montiño, 0,60 ha As Ceñas, 0,15 ha a Cachadeiras, 5,82 ha a Amproa, 2,42 ha a Montecelo, 1,80 ha a Cons, 0,46 ha a Freixeiro e 1,30 ha a Vilaverde. O perímetro total percorrido foi de 16.076 metros.

Os traballos de apeo en campo da liña de deslindamento concluíron o 19 de outubro de 2009.

Quinto. O 17.3.2010 o enxeñeiro operador emitiu informe relativo ao deslindamento total do monte veciñal en man común da comunidade de montes de Mourente, no concello de Pontevedra.

No dito informe fixo constar que os montes descritos na primeira clasificación a favor da parroquia de Mourente o día 11.12.1981 non se localizan nos lugares indicados no esbozo da carpeta-ficha e que os ditos enclaves non son terreos comunais. Non obstante, da información da investigación realizada e facilitada pola comunidade propietaria, os montes apeados son os que refire a clasificación.

Dos 10 montes deslindados apeáronse 28 parcelas, das cales algunhas foron apeadas por petición da Comunidade. O enxeñeiro operador propón no seu informe a aprobación directa de 17 parcelas dos 10 montes: monte Castrosenín cunha cabida de 29,26 ha; monte Peneirada: parcela 1 de 1,5 ha e a parcela 3 de 0,10 ha de cabida; monte Montiño de 0,50 ha; monte das Ceñas cunha cabida de 0,60 ha, monte Cachadeiras: parcela 1 de 0,04 ha e a parcela 2 de 0,08 ha; monte Amproa con 5,80 ha de cabida; monte Montecelo: parcela 1 de 1,63 ha; monte de Cons: parcela 1 de 0,18 ha, parcela 2 de 0,32 ha, parcela 3 de 0,84 ha e parcela 4 de 0,35 ha; monte Freixeiro: parcela 1 de 0,25 ha e parcela 2 de 0,18 ha; e monte Vilaverde: parcela 1 de 0,37 ha e parcela 2 de 0,58 ha.

O enxeñeiro operador propón non incluír no deslindamento as seguintes parcelas: Peneirada 2; Cachadeiras 3 e 4; Montecelo 2, 3, 4, 5 e 6; Cons 5 e 6 e Freixeiro 3 ao entender que non teñen un aproveitamento veciñal en réxime xermánico desde tempo inmemorial demostrado, ou por entender este que non se encontran dentro da correspondente clasificación como monte veciñal en man común. Respecto ás parcelas Montecelo 2, 3 e 4, estas foron excluídas polo enxeñeiro operador argumentando que teñen a clasificación de solo urbano, entendendo por isto que non poden estar clasificadas.

Para cumprir o artigo 119 do Decreto 485/1962, do 22 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de montes, o enxeñeiro operador remite, xunto co informe, o expediente completo ao Servizo de Montes de Pontevedra co fin de proseguir coa tramitación do expediente.

Sexto. Para cumprir o disposto nos artigos 120 e 121 do xa citado Decreto 485/1962, publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 92, do 18.5.2010, o Edicto do 21.4.2010 da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se anuncia a apertura do período de vista e reclamacións, no presente expediente de deslindamento, dando, para tales efectos, un prazo de 15 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación do edicto, e se lle notifica ás persoas interesadas.

Durante o período de vista presentaron reclamacións as seguintes persoas interesadas: José Ferreira Carballo, Benito Piay Mirón, Pilar Juncal Reboredo, Lucía Pazos Diz e a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Mourente.

As alegacións obtiveron o informe do 15.11.2010 polo Gabinete Xurídico Territorial e, exceptuando as presentadas pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Mourente, que se entende que xa foron tidas en conta polo enxeñeiro operador, o resto carecían de apoio documental ou eran apreciacións subxectivas.

Sétimo. O 10.2.2011 o xefe do Servizo de Montes de Pontevedra solicitou un informe ao Gabinete Xurídico Territorial sobre as parcelas Montecelo 2, 3 e 4, que foron apeadas, pero non se incluíron na proposta do enxeñeiro operador. Con base no dito informe, o xefe do Servizo de Montes de Pontevedra considerou que as ditas parcelas deben incluírse na proposta de resolución do deslindamento.

O 20.7.2013 o xefe do Servizo de Montes de Pontevedra, para cumprir o artigo 125 do Decreto 485/1962, do 22 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de montes, emitiu informe relativo ao deslindamento total do monte veciñal en man común da comunidade de montes de Mourente, no concello de Pontevedra.

O 30.9.2013 o secretario xeral de Medio Rural e Montes propuxo a aprobación do deslindamento total do dito monte veciñal en man común.

Consideracións legais e técnicas.

Primeira. De acordo co disposto nos reais decretos 167/1981, do 19 de xaneiro; 1706/1982, do 24 de xullo, e 1535/1984, do 20 de xuño, sobre transferencias de funcións e servizos do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de conservación da natureza, no Decreto 13/2012, do 4 de xaneiro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, e no Decreto 46/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Mar, a conselleira do Medio Rural e do Mar é competente para ditar esta orde.

Segunda. O Servizo de Montes de Pontevedra é competente para levar adiante este deslindamento, cumpridas todas as prescricións legais canto á publicidade, notificación e demais requisitos exixidos nos artigos 82 ao 125 do Regulamento de Montes aprobado polo Decreto 485/1962, do 22 de febreiro.

Terceira. As resolucións do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común atribúen a propiedade destes ás comunidades veciñais, en tanto non exista sentenza firme en contra, ditada pola xurisdición ordinaria, segundo determina o artigo 30 do Decreto 260/1992, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Tendo en conta os preceptos legais citados e demais de xeral aplicación e o informe e proposta do xefe do Servizo de Montes de Pontevedra, esta conselleira, por proposta da Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes,

DISPÓN:

Primeiro. Aprobar o deslindamento total do monte veciñal en man común da comunidade de montes de Mourente, no concello de Pontevedra (Pontevedra), de acordo coas actas, rexistro topográfico e plano que figuran no expediente, así como coa descrición perimetral. A cabida total do monte veciñal é de 42,94 hectáreas, sen encravamentos dentro do seu perímetro, e queda integrado polos seguintes montes: Castrosenín, Peneirada 1, Peneirada 3, Montiño, As Ceñas, Cachadeiras 1, Cachadeiras 2, Amproa, Montecelo 1, Montecelo 2, Montecelo 3, Montecelo 4, Campo de Cons 1, Campo de Cons 2, Campo de Cons 3, Campo de Cons 4, Freixeiro 1, Freixeiro 2, Vilaverde 1 e Vilaverde 2.

A descrición dos montes deslindados é a seguinte:

– Monte Castrosenín.

Lindeiro norte: comeza no piquete núm. 204 do apeo e avanza con orientación leste ata o piquete núm. 6 en liña quebrada. Estremeiros neste tramo: propietarios particulares. Do piquete núm. 6 ao piquete núm. 15 o deslindamento toma dirección norte ata o piquete núm. 15. Estremeiros neste tramo: propietarios particulares. Do piquete núm. 15 ao piquete núm. 26 o apeo toma dirección leste. Estremeiros neste tramo: camiño de Bouza a Carabelos e estrada asfaltada con dirección á parroquia de Bora.

Lindeiro leste: comeza no piquete núm. 4 e avanza en dirección sur ata o núm. 31. Estremeiro: camiño de terra. Do núm. 31 ao núm. 47 describe unha poligonal cóncava desde o leste con dirección tamén sur. Estremeiros: propietarios particulares. Do núm. 47 ao núm. 51 avanza con dirección sur por camiño de terra. Do núm. 51 ao núm. 58 rodea unha propiedade particular. E desde o núm. 58, e continuando con dirección predominante sur, avanza polo límite parroquial entre Bora e Mourente ata o piquete núm. 76 respectando as propiedades particulares que se introducen nestes límites.

Lindeiro sur: comeza no piquete núm. 76 e discorre en liña poligonal con entrantes e saíntes ata o piquete núm. 133 con dirección predominante noroeste, estremando con propiedades particulares.

Lindeiro oeste: discorre desde o piquete núm. 133 ata o núm. 204, en dirección predominante norte, en liña poligonal cóncava desde o oeste e desde os piquetes núm. 133 ao núm. 158, dirección predominante norte desde o núm. 158 ao núm. 160, desde este circunda a propiedade do concello de Pontevedra cedida ao Ministerio do Interior ata o núm. 173. Desde o núm. 173 ao núm. 190 describe una poligonal convexa desde o oeste, para terminar con outra poligonal cóncava desde o oeste do piquete núm. 190 ao núm. 204. Estremeiros neste tramo oeste: propietarios particulares.

Cabida total do monte Castrosenín: 29,26 ha.

Encravamentos: non hai.

– Monte Peneirada 1.

Lindeiro norte: comeza no piquete núm. 7 ata o piquete núm. 15 máis ou menos con orientación predominante leste en liña quebrada cóncava desde o sur. Estremeiros: estrada asfaltada a Bora e propietarios particulares.

Lindeiro leste: desde o piquete núm. 15 o núm. 23 con dirección predominante sur en liña quebrada convexa desde o leste. Estremeiros: propietarios particulares e parroquia de Bora.

Lindeiro sur: desde o piquete núm. 23 ata o piquete núm. 2 en poligonal triangular con vértice no piquete núm. 25, e dirección predominante oeste. Estremeiros: parroquia de Bora e estrada asfaltada a Bora.

Lindeiro oeste: comprende desde o piquete núm. 2 ata o núm. 7 en poligonal con dirección norte. Estremeiros: estrada asfaltada a Bora.

Cabida total do monte Peneirada 1: 1,50 ha.

Encravamentos: non hai.

– Monte Peneirada 3.

Lindeiro norte: discorre do piquete núm. 33 ao núm. 34 en dirección noroeste. Estremeiro: estrada asfaltada.

Lindeiro leste: desde o piquete núm. 34 ao núm. 30 con dirección sueste. Estremeiro: estrada asfaltada a Bora.

Lindeiro sur: vai desde o piquete núm. 30 ao núm. 33 en dirección oeste. Estremeiro: propietario particular.

Lindeiro oeste: vai desde o piquete núm. 31 ao núm. 33 en dirección noroeste. Estremeiro: propietario particular.

Cabida total do monte Peneirada 3: 0,10 ha.

Encravamentos: non hai.

– Monte Montiño.

Lindeiro norte: comeza no piquete núm. 7 ata o núm. 10 con dirección leste. Estremeiro: estrada asfaltada a Condesa.

Lindeiro leste: vai desde o piquete núm. 10 ao núm. 12 en dirección sueste. Estremeiro: estrada asfaltada a Condesa.

Lindeiro sur: comprende desde o piquete núm. 12 ao piquete núm. 16, en dirección oeste do núm. 12 ao núm. 14 e noroeste desde o núm. 14 ao núm. 16. Estremeiros: propietarios particulares.

Lindeiro oeste: discorre desde o piquete núm. 16 ata o núm. 7. Con dirección primeiro oeste e logo noroeste. Estremeiros: propietarios particulares.

Cabida total do monte Montiño: 0,50 ha.

Encravamentos: non hai.

– Monte As Ceñas.

Lindeiro norte: discorre desde o piquete núm. 14 ata o núm. 18 con dirección predominante leste. Estremeiro: carreiro de terra de acceso a terreo particular.

Lindeiro leste: vai desde o piquete núm. 18 ata o núm. 2, con dirección predominante sur, pero formando unha poligonal triangular co vértice no piquete núm. 1. Estremeiros: carreiro de terra e propietario particular.

Lindeiro sur: discorre entre os piquetes núm. 2 e núm. 8 con dirección primeiro sudoeste ata o núm. 4 e logo oeste-noroeste ata o núm. 8. Estremeiros neste tramo: propietarios particulares.

Lindeiro oeste: discorre desde o piquete núm. 8 ata o núm. 14 con dirección predominante norte en liña quebrada. Estremeiros: propietarios particulares e camiño de terra de acceso a terreos e depósitos de augas de formigón.

Cabida total do monte As Ceñas: 0, 60 ha.

Encravamentos: non hai.

– Monte Cachadeiras 1.

Lindeiro norte: discorre entre os piquetes núm. 1 e núm. 2 en dirección sueste. Estremeiros: dominio público da estrada nacional N-541.

Lindeiro leste: vai desde o piquete núm. 2 ao núm. 4 en dirección. Estremeiro: estrada asfaltada cara á parroquia de Bora.

Lindeiro sur: discorre entre os piquetes núm. 4 e núm. 7 en dirección oeste en liña poligonal. Estremeiros: camiños asfaltados a Bora e entrada a terreos particulares.

Lindeiro oeste: comprende o traxecto entre os piquetes núm. 7 e núm. 1 con dirección norte-noroeste. Estremeiro: propietario particular.

Cabida total do monte Cachadeiras 1: 0,04 ha.

Encravamentos: non hai.

– Monte Cachadeiras 2.

Lindeiro norte: discorre entre os piquetes núm. 2 e núm. 4 con dirección sueste. Estremeiro: dominio público da estrada nacional N-541.

Lindeiro leste: comprende o trazado entre o piquete núm. 4 e o núm. 5 en dirección sudoeste. Estremeiro: propiedades particulares.

Lindeiro sur: vai desde o piquete núm. 5 ata o núm. 1. En liña poligonal con dirección noroeste. Estremeiro: camiño veciñal asfaltado.

Lindeiro oeste: discorre entre os piquetes núm. 1 e núm. 2 en dirección norte-noroeste. Estremeiro: estrada asfaltada con dirección á parroquia de Bora.

Cabida total do monte Cachadeiras 2: 0,08 ha.

Encravamentos: non hai.

– Monte Amproa.

Lindeiro norte: discorre entre os piquetes núm. 22 e núm. 27 en liña poligonal con dirección sueste. Estremeiros: propietario particular e dominio público hidráulico do río Lérez.

Lindeiro oeste: vai desde o piquete núm. 27 ata o piquete núm. 45, en liña quebrada con dirección case sur. Estremeiros: propietarios particulares.

Lindeiro sur: comprende o trazado desde o piquete núm. 45 ata o piquete núm. 9, con dirección predominante noroeste en liña quebrada. Estremeiros: dominio público da estrada nacional N-541 e propietarios particulares.

Lindeiro leste: discorre entre os piquetes núm. 9 e núm. 22, en liña poligonal quebrada con dirección predominante noroeste. Estremeiros: propietarios particulares e camiño sen asfaltar.

Cabida total do monte Amproa: 5,82 ha.

Encravamentos: non hai.

– Monte Montecelo 1.

Lindeiro norte: comeza no piquete núm. 15 do apeo e avanza en dirección leste en liña quebrada ata o piquete núm. 24. Estremeiros neste tramo: propietarios particulares.

Lindeiro leste: discorre entre os piquetes núm. 24 e o núm. 34 en dirección primeiro sur e logo leste. Estremeiros: Instituto Príncipe Felipe e propietarios particulares.

Lindeiro sur: discorre entre os piquetes núm. 24 e o núm. 34 en dirección primeiro sur e logo leste. Estremeiros: estrada asfaltada de subida ao Príncipe Felipe e propietarios particulares.

Lindeiro oeste: vai desde o piquete núm. 1 ata o núm. 15 con dirección norte-noroeste en liña quebrada. Estremeiros: propietarios particulares.

Cabida total do monte Montecelo: 1,63 ha.

Encravamentos: non hai.

– Monte Montecelo 2.

Lindeiro norte: comeza no piquete núm. 4 ata o núm. 7 a través da beirarrúa da estrada que sobe ao Instituto Príncipe Felipe.

Lindeiro leste: discorre entre os piquetes núm. 7 ao núm. 1 en dirección sur . Estremeiro: propietario particular.

Lindeiro sur: comeza no piquete núm. 1 nunha pedra prismática de 40 cm e avanza ata o piquete núm. 3 pola estrada asfaltada PO-532.

Lindeiro oeste: vai desde o piquete núm. 3 ata o núm. 4 subindo en dirección norte ata a estrada que sobe ao Instituto Príncipe Felipe.

Cabida total do monte Montecelo 2: 0,17 ha.

Encravamentos: non hai.

– Monte Montecelo 3.

Lindeiro norte: comeza no piquete núm. 1 ata o núm. 2 a través da estrada PO-532.

Lindeiro leste: discorre entre os piquetes núm. 2 e o núm. 5 en dirección sur. Estremeiro: propietario particular.

Lindeiro sur: comeza no piquete núm. 5 e discorre a través da rúa das Olivas en dirección oeste ata o piquete núm. 7.

Lindeiro oeste: vai desde o piquete núm. 7 ata o núm. 1 seguindo un valo de pedra en dirección norte. Estremeiro: Promociones y Obras Montecelo, S.L.

Cabida total do monte Montecelo 3: 0,14 ha.

Encravamentos: non hai.

– Monte Montecelo 4.

Lindeiro norte: comeza no piquete núm. 1, na intersección entre a rúa das Olivas e a rúa de Abaixo, ata o núm. 2 a través da rúa das Olivas.

Lindeiro leste: discorre entre os piquetes núm. 2 e núm. 3 en dirección sur.

Lindeiro sur: comeza no piquete núm. 3 situado nun valo ata o piquete núm. 4, e discorre a través do muro. Estremeiro: propietario particular.

Lindeiro oeste: vai desde o piquete núm. 4 ata o núm. 1 seguindo a rúa de Abaixo en dirección norte.

Cabida total do monte Montecelo 4: 0,03 ha.

Encravamentos: non hai.

– Monte Campo de Cons 1.

Lindeiro norte: comeza no piquete núm. 7 do deslindamento ata o núm. 9 con dirección leste. Estremeiro: propietario particular e camiño asfaltado.

Lindeiro leste: discorre entre os piquetes núm. 9 e núm. 1 en dirección sur. Estremeiro: camiño asfaltado de acceso a terreos particulares.

Lindeiro sur: vai desde o piquete núm. 1 ata o núm. 3 en dirección practicamente oeste. Estremeiro: estrada asfaltada.

Lindeiro oeste: discorre desde o piquete núm. 3 ata o núm. 7 con dirección maioritariamente norte. Estremeiros: propietarios particulares.

Cabida total do monte Campo de Cons 1: 0,18 ha.

Encravamentos: non hai.

– Monte Campo de Cons 2.

Lindeiro norte: discorre desde o piquete núm. 6 ao piquete núm. 8, en dirección leste. Lindeiros: propietarios particulares.

Lindeiro leste: comeza polo piquete núm. 8 ata o núm. 1 en dirección sur. Estremeiros: Casino Mercantil de Pontevedra.

Lindeiro sur: vai desde o piquete núm. 1 ata o núm. 3. Con dirección sueste e oeste. Estremeiros: estrada asfaltada a Vista Real e entrada asfaltada a propiedade particular.

Lindeiro oeste: discorre desde o piquete núm. 3 ata o núm. 7 con dirección norte-nordés. Estremeiros: propietarios particulares.

Cabida total do monte Campo de Cons 2: 0,32 ha.

Encravamentos: non hai.

– Monte Campo de Cons 3.

Lindeiro norte: discorre entre os piquetes núm. 8 ata o núm. 12, primeiro en dirección leste-nordés e logo en dirección sur-sueste. Estremeiros: estrada asfaltada a condesa e Granxa Vista Real, S.A.

Lindeiro leste: comeza no piquete núm. 12 ata o núm. 20 con dirección sudoeste en liña quebrada. Estremeiros: propietario particular e camiño de terra de acceso a terreos particulares.

Lindeiro sur: discorre entre os piquetes núm. 20 e núm. 24 en dirección sur ata o núm. 22 logo noroeste ata o núm. 23 e despois dirección nordés ata o núm. 24. Estremeiros neste tramo: propietario particular, estrada asfaltada do Pazo a Cons a Condesa.

Lindeiro oeste: vai desde o piquete núm. 24 ata o núm. 8 en dirección nordés fundamentalmente, circundando a propiedade do concello de Pontevedra. Estremeiros: estrada asfaltada a Condesa e concello de Pontevedra.

Cabida total do monte Campo de Cons 3: 0,84 ha.

Encravamentos: non hai.

– Monte Campo de Cons 4.

Lindeiro norte: comeza no piquete núm. 4 e vai ata no núm. 1. Con dirección leste. Estremeiro: estrada asfaltada.

Lindeiro leste: vai desde o piquete núm. 1 ata o núm. 2. Con dirección sudoeste. Estremeiros: estrada de Cons a Condesa.

Lindeiro sur: discorre entre os piquetes núm. 2 e núm. 3 no cruzamento de estradas asfaltadas con dirección a Cons de Abaixo e a Condesa.

Lindeiro oeste: estrada no piquete núm. 3 e termina no núm. 4. Con dirección predominante norte. Estremeiros: estrada asfaltada a Cons de Abaixo.

Cabida total do monte Campo de Cons 4: 0,35 ha.

Encravamentos: non hai.

– Monte Freixeiro 1.

Lindeiro norte: vai desde o piquete núm. 5 ata o núm. 6 en dirección nordés e do núm. 6 ata o núm. 7 en dirección sudoeste. Estremeiros: propietario particular e estrada asfaltada de Barcia a Freixeiro.

Lindeiro leste: discorre entre os piquetes núm. 6 e núm. 9 con dirección sudoeste. Estremeiros: estrada de Barcia a Freixeiro.

Lindeiro sur: discorre entre os piquetes núm. 9 e núm. 1 con dirección oeste-noroeste. Estremeiro: parroquia de Marcón.

Lindeiro oeste: comeza no piquete núm. 1 e chega ata o núm. 5 con dirección nordés. Estremeiros: propietarios particulares.

Cabida total do monte Freixeiro 1: 0,25 ha.

Encravamentos: non hai.

– Monte Freixeiro 2.

Lindeiro norte: comeza no piquete núm. 6 ata o núm. 2 con dirección leste. Estremeiros: propietarios particulares.

Lindeiro leste: discorre desde o piquete núm. 2 ata o núm. 4 (catro prima), en dirección sur. Estremeiros: propietario particular.

Lindeiro sur: vai desde o piquete núm. 4 ata o núm. 5 en dirección noroeste. Estremeiros: parroquia de Marcón.

Cabida total do monte Freixeiro 2: 0,18 ha.

Encravamentos: non hai.

– Monte Vilaverde 1.

Lindeiro norte: vai desde o piquete núm. 2 ao núm. 3, en dirección sueste. Estremeiros: propietario particular.

Lindeiro leste: discorre entre os piquetes núm. 3 e o núm. 7 en dirección predominante sueste en poligonal cóncava desde o nordés: Estremeiro: propietario particular.

Lindeiro sur: abrangue a marxe da estrada asfaltada de Vilaverde a Marcón entre os piquetes núm. 7 e o núm. 1. Estremeiros: estrada de Vilaverde a Marcón.

Lindeiro oeste: discorre entre os piquetes núm. 1 e núm. 2, en dirección nordés. Estremeiro: propietario particular.

Cabida total do monte Vilaverde 1: 0,37 ha.

Encravamentos: non hai.

– Monte de Vilaverde 2.

Lindeiro norte: comeza no piquete núm. 11 e vai ata o núm. 1, en dirección predominante leste seguindo a marxe da estrada asfaltada de Vilaverde a Marcón. Estremeiro: estrada de Vilaverde a Marcón.

Lindeiro leste: discorre entre os Piquetes núm. 1 e núm. 4, en dirección sudoeste. Estremeiros: propietario particular.

Lindeiro sur: vai desde o piquete núm. 4 ata o núm. 7, en dirección primeiro ata o núm. 6 en dirección sudoeste, e logo do núm. 6 ao núm. 7 en dirección norte. Estremeiros: propietario particular e estrada asfaltada de Vilaverde a Montecelo.

Lindeiro oeste: discorre entre os piquetes núm. 7 e o núm. 11 con dirección noroeste. Estremeiros: estrada asfaltada de Vilaverde a Montecelo.

Cabida total do monte Vilaverde 2: 0,58 ha.

Encravamentos: non hai.

– Servidumes.

A maior parte dos montes pertencentes á comunidade de montes veciñais en man común de Mourente teñen camiños e pistas de servizo, así como tendidos eléctricos e telefónicos.

– Ocupacións.

Hai que destacar as ocupacións existentes no monte Castrosenín consistentes nunha antena de telefonía, un recinto cedido a Radio Pontevedra e diversas captacións de augas, unha delas con nave e depósitos.

Segundo. Que se cancele total ou parcialmente calquera inscrición rexistral en tanto sexa contraditoria coa descrición dos montes: Castrosenín, Peneirada 1, Peneirada 3, Montiño, As Ceñas, Cachadeiras 1, Cachadeiras 2, Amproa, Montecelo 1, Montecelo 2, Montecelo 3, Montecelo 4, Campo de Cons 1, Campo de Cons 2, Campo de Cons 3, Campo de Cons 4, Freixeiro 1, Freixeiro 2, Vilaverde 1 e Vilaverde 2.

Terceiro. Desestimar as reclamacións presentadas por José Ferreiroa Carballo, Pilar Juncal Reboredo, Benito Piay Mirón, Lucía Pazos Diz e pola comunidade de montes de Mourente. O motivo para desestimar as reclamacións presentadas por José Ferreiroa Carballo, Pilar Juncal Reboredo e Benito Piay Mirón é que, segundo informa o Gabinete Xurídico Territorial de Pontevedra, se trata de simples manifestacións reivindicativas de dereitos reais sobre determinadas parcelas afectadas polo deslindamento carentes de apoio documental e título lexítimo, non existindo ningunha proba con fundamento que faga desmerecer o deslindamento proposto polo enxeñeiro operador. O motivo para desestimar a reclamación presentada por Lucía Pazos Diz en representación da comunidade de montes de Castro-Lampán, é que se trata dunha mera apreciación subxectiva que non achega nin un mínimo argumento de porqué o quebro que o enxeñeiro operador fai dos piquetes é incongruente. O motivo para desestimar as reclamacións presentadas pola comunidade de montes de Mourente é que, segundo informa o Gabinete Xurídico Territorial de Pontevedra, as consideracións feitas xa foron tidas en conta polo enxeñeiro operador.

Cuarto. Declarar expresamente que, no referente ás reclamacións de propiedade, a presente resolución esgota a vía administrativa e deixa expedita a xudicial civil.

Quinto. Que se notifiquen os novos datos resultantes da descrición do monte ao Rexistro Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra.

Sexto. Que se inmatricule o monte coas características resultantes no rexistro da propiedade.

Sétimo. Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Os interesados poderán interpoñer contra esta resolución recurso de reposición, con carácter potestativo, no prazo dun mes ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses de acordo co disposto nos artigos 109 e 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Ambos os dous prazos computaranse desde o día seguinte ao da recepción da notificación persoal polos interesados, ou ao da publicación para os que non puideren ser notificados persoalmente.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2013

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar