Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 11 de novembro de 2013 Páx. 43847

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2013 pola que se modifican as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento da propiedade industrial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (Programa i2C PI), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2013 (código de procedemento IN525A).

O 16 de outubro de 2013 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 10 de outubro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento da propiedade industrial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (Programa i2C PI), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2013 (código de procedemento IN525A).

Advertidos erros no contido da referida resolución e en virtude das facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Publicar a modificación das bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento da propiedade industrial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013, no seguinte senso:

Modifícase o punto 4 do artigo 3. Lugar e prazo de presentación das solicitudes, que queda redactado do seguinte xeito:

«O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 2 de decembro de 2013, salvo que se produza o suposto de esgotamento de crédito previsto no artigo 8.3º desta resolución. Neste caso, informarase do peche adiantado do prazo de solicitude a través das páxinas web da Axencia Galega de Innovación e no Diario Oficial de Galicia».

Nas páxinas 40945, 40950, 40951 e 40952 da Resolución do 10 de outubro de 2013 faise referencia aos anexos III, IV e V, complementarios do anexo II de solicitude de axudas que deben presentar os interesados.

Dado que os devanditos anexos non foron publicados no Diario Oficial de Galicia do 16 de outubro de 2013 xunto coa convocatoria de axudas, publícanse como parte da presente resolución.

Segundo. Esta resolución entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2013

Manuel Antonio Varela Rey
Director da Axencia Galega de Innovación

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file