Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 12 de novembro de 2013 Páx. 44100

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 22 de outubro de 2013, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto de acondicionamento de predios nas parroquias da Couboeira, Masma e Vilamor (Mondoñedo).

En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, faise pública a declaración de impacto ambiental formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do proxecto de acondicionamento de predios nas parroquias da Couboeira, Masma e Vilamor (Mondoñedo), promovida pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural da Consellería do Medio Rural e do Mar. A citada declaración poderá ser consultada na páxina web da Consellería do Medio Rural e do Mar (http://medioruralemar.xunta.es) e na da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2013

Antonio Crespo Iglesias
Director xeral de Desenvolvemento Rural