Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 12 de novembro de 2013 Páx. 44101

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2013 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto con varios criterios de valoración e trámite ordinario da licitación e anticipado de gasto, para a adxudicación do contrato administrativo suxeito a regulación harmonizada de elaboración de proxecto e execución da obra hidráulica dos colectores xerais e estación depuradora de augas residuais en Barcala (clave OH.315.1000), cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

missing image file

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Augas de Galicia.

2) Enderezo: Doutor Maceira, nº 18, baixo.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15706.

4) Teléfono: 981 95 74 01 e 981 95 74 27.

5) Fax: 981 95 74 03 e 881 99 96 94.

6) Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén, se terá acceso ao perfil do contratante desde a Plataforma de Contratos Públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es e da páxina web: http://www.augasdegalicia.xunta.es

8) Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: OH.315.1000.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo conxunto de elaboración de proxecto e execución de obra.

b) Descrición: elaboración do proxecto construtivo e execución da obra dos colectores xerais e estación depuradora de augas residuais en Barcala (Negreira-A Baña). A Coruña. Fase I.

c) Lugar de execución: Negreira, A Baña (A Coruña).

d) Prazo de execución: vinte e nove (29) meses.

e) CPV (referencia de nomenclatura): 45252000-8.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria da licitación e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e suxeito a regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación: a pluralidade dos criterios de valoración enuméranse e detállanse coas súas puntuacións e ponderacións no prego de cláusulas administrativas particulares e no perfil do contratante.

4. Valor estimado do contrato: 5.455.666,92 euros.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 5.455.666,92 euros. Importe total: 6.601.356,97 euros.

6. Garantías exixidas. Provisoria: non se exixe. Definitiva (%): 5 % do orzamento base de licitación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: (grupo, subgrupo e categoría): grupo E, subgrupo 1, categoría d) e grupo K, subgrupo 8, categoría e).

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica: para as empresas non españolas de Estados membros da Unión Europea non clasificadas en España deberán acreditar a solvencia nos termos que se expresan na cláusula 6.1.4.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 7 de xaneiro de 2014.

b) Modalidade de presentación: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares. As proposicións axustaranse estritamente aos modelos que se inclúen no citado prego.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Augas de Galicia, no seu rexistro e nos días e horas hábiles de oficina (de luns a venres e das 9.00 ás 14.00 horas).

2. Enderezo: Doutor Maceira, nº 18, baixo.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15706.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses, desde a apertura en acto público, segundo se indica no punto seguinte, das ofertas contidas no sobre C.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: a apertura, comprobación e valoración separada do sobre A relativo á documentación acreditativa dos requisitos de aptitude para contratar, do sobre B cos elementos da oferta non valorables de forma automática e do sobre C cos da oferta que admiten unha valoración mediante a aplicación de fórmulas, realizarase conforme o disposto no prego administrativo e na normativa de contratos do sector público.

b) Enderezo: Augas de Galicia na rúa Doutor Maceira, nº 18, baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15706.

d) Data e hora: as aperturas en acto público do sobre B terá lugar o 20 de xaneiro de 2014 ás 9.00 horas e do sobre C na data e na hora que se lles notificará aos licitadores, por fax ou calquera outro medio admitido, e publicarase no perfil do contratante con dous días hábiles de antelación á súa realización.

10. Gastos de publicidade: por conta do licitador seleccionado para ser adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea e publicación no perfil do contratante: 6 de novembro de 2013.

12. Outras informacións.

a) A documentación tamén poderá obterse na copistaría Copynino, na rúa Feáns, nº 19, Santiago de Compostela (A Coruña), teléfono e fax: 981 58 89 38.

b) Esta actuación cofinanciarase pola Unión Europea, no período de 2014 a 2015, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe prioritario de intervención 3: medio ambiente, contorno natural, recursos hídricos e prevención de riscos, tema prioritario ou medida 46: tratamento de augas residuais, actuación 3.46.1: actuacións recollidas no Plan de saneamento de Galicia, no programa AXUA (actuacións para a xestión e utilización da auga) e nos plans hidrolóxicos de conca. Unha maneira de facer Europa.

c) Melloras e modificacións previstas: admítense melloras e prevese no contrato a posibilidade da súa eventual modificación á baixa nos termos expresados no prego de cláusulas administrativas particulares.

d) As ofertas tamén poderán presentarse por correo, segundo o disposto no artigo 80.4 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso o licitador deberá anunciar ao órgano de contratación, no mesmo día da imposición na oficina de correos, mediante telegrama ou fax, a remisión da documentación para concorrer á licitación, así como xustificar a data de imposición do envío.

e) Idioma: galego, castelán ou nos idiomas da Unión Europea, acompañado de tradución oficial.

f) Forma xurídica de agrupación de empresas, se é o caso: unión de empresarios.

g) Apertura do sobre A: terá lugar en acto previo á comprobación da documentación xeral segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

h) Apertura e valoración das ofertas dos sobres B e C: a apertura do sobre B e a súa valoración realizaranse con anterioridade á apertura e valoración do contido do sobre C. No caso de que os actos públicos de apertura das ofertas se modifiquen notificarase esta circunstancia aos licitadores presentados e farase pública no perfil do contratante.

i) Publicidade de resultados: as datas e os resultados das aperturas dos sobres A, B e C, así como da adxudicación e formalización do contrato faranse públicas no perfil do contratante.

j) Formalización do contrato: o contrato perfeccionarase coa súa formalización, que se efectuará no prazo previsto no cadro de características.

k) Obriga de información da subcontratación: o contratista remitirá, se o solicitara Augas de Galicia, información acerca da subcontratación a que se refire o artigo 228 bis do texto refundido da Lei de contratos do sector público.

l) Esta contratación está suxeita á condición suspensiva da existencia de crédito axeitado e suficiente para financiar as obrigas que dela se derivan no exercicio correspondente.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2013

P.D. (Resolución 30.1.2012; DOG nº 21, do 31 de xaneiro)
Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia