Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 12 de novembro de 2013 Páx. 44129

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública (LAP/439/2012).

Talleres Bagomar-Santiago, S.L. solicitou licenza de apertura para actividade de reparación e mantemento de vehículos industriais e comerciais en Vía Diesel (De), 6, Santiago de Compostela (A Coruña). De conformidade co Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un prazo de vinte días hábiles para que todas as persoas que se encontren afectadas poidan formular por escrito as reclamacións que consideren pertinentes. O correspondente expediente LAP/439/2012 pode consultarse no Negociado de Aperturas deste concello.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2013

P.D. (Xunta de Goberno Local do 15.7.2011)
María Pardo Valdés
Concelleira delegada de Urbanismo