Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 12 de novembro de 2013 Páx. 44123

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO de información pública sobre solicitude de licenza para a construción dun novo edificio destinado a laboratorio agroalimentario na Finca Mouriscade (expediente 6477/11).

Por instancia da Deputación Provincial de Pontevedra o Concello de Lalín está tramitando o expediente para a obtención da licenza para a construción de novo edificio destinado a laboratorio agroalimentario na Finca Mouriscade, no lugar de Mouriscade, parroquia de Vilanova, Lalín (Pontevedra), expediente núm. 6477/11.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente mediante anuncios no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial de Pontevedra e exposición no taboleiro de anuncios do concello, para que poida ser examinado no Departamento de Urbanismo-Licenzas e se formulen, de ser o caso, alegacións ou reclamacións a el durante o prazo de vinte días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

Lalín, 5 de novembro de 2013

Román Rodríguez González
Concelleiro delegado de Urbanismo