Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 12 de novembro de 2013 Páx. 44122

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Foz

ANUNCIO de información pública sobre estaleiro no parque empresarial de Fazouro.

Expediente nº: 2429/2013.

Rexistro de Entrada nº: 2013-E-RC-4891.

Data do rexistro: 26 de setembro de 2013, ás 11.27 horas.

Solicitante: Esteban González Méndez.

Actividade: licenza de actividade para estaleiro.

Situación: parque empresarial parc. 35/36 Fazouro.

Procedemento: licenza de actividade sometida a avaliación de incidencia ambiental.

Esteban González Méndez solicitou licenza de actividade para estaleiro, situado no parque empresarial, parcelas 35/36 de Fazouro, sometida ao Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, e neste concello tramítase o oportuno expediente.

En cumprimento do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, procédese a abrir un período de información pública polo prazo de vinte (20) días, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia e exposición no taboleiro de anuncios do concello, para que os que se vexan afectados dalgún modo pola dita actividade presenten as observacións que consideren pertinentes.

O expediente obxecto desta información pódese consultar nas oficinas municipais -Secretaría- en horario de oficina, das 9.00 ás 14.00 horas.

Foz, 15 de outubro de 2013

Javier Jorge Castiñeira
Alcalde