A Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG nº 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e polo Decreto 168/2010, de 7 de outubro (DOG nº 199, do 15 de outubro) polo que se regula a estrutura organizativa de xestión integrada do Servizo Galego de Saúde e Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, resolve anunciar a convocatoria para a vinculación temporal, por concurso de méritos, de diversas prazas de licenciado sanitario, reflectidas no anexo.
O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. As solicitudes, que deberán dirixirse á Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, poderán presentarse no Rexistro da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña (Hospital A Coruña, As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña) así como a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Xerencia de Xestión integrada da Coruña, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) e no «Espazo do profesional».
A Coruña, 22 de outubro de 2013
Francisco José Vilanova Fraga
Xerente de Xestión Integrada da Coruña
ANEXO
Prazas vacantes convocadas
|
Especialidade |
Nº vinculación |
|
Análises clínicas |
3 |
|
Anatomía patolóxica |
4 |
|
Anestesioloxía e reanimación |
5 |
|
Cirurxía cardiovascular |
2 |
|
Cirurxía ortopédica e traumatoloxía |
3 |
|
Cirurxía plástica, estética e reparadora |
3 |
|
Dermatoloxía médico-cirúrxica e veneroloxía |
1 |
|
Endocrinoloxía e nutrición |
2 |
|
Farmacia hospitalaria |
1 |
|
Hematoloxía e hemoterapia |
2 |
|
Inmunoloxía |
1 |
|
Medicina física e rehabilitación |
2 |
|
Medicina interna |
3 |
|
Microbioloxía e parasitoloxía |
1 |
|
Neurofisioloxía clínica |
2 |
|
Oftalmoloxía |
2 |
|
Otorrinolaringoloxía |
3 |
|
Pediatría e áreas específicas |
4 |
|
Radiodiagnóstico |
2 |

