Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 13 de novembro de 2013 Páx. 44178

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1802/2011).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 1802/2011.

Xulgado de orixe/autos: demanda 850/2010 Xulgado do Social número 4 de Vigo.

Recorrente: Begoña Alves Conde.

Avogada: Patricia Rodríguez Mariño.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Carmoble, S.A., Mutua Fremap.

Avogada: María Araceli Martínez Araujo.

Edicto

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección 1 da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 1802/2011 desta sección, seguidos por instancia de Begoña Alves Conde contra a empresa Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Carmoble, S.A., Mutua Fremap, sobre accidente de grao, se ditou resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Que desestimamos o recurso de suplicación formulado pola demandante, Begoña Alves Conde, contra a sentenza ditada o 8.2.2011 polo Xulgado do Social número 4 de Vigo en autos nº 850/2010 seguidos pola súa instancia contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Fremap e a empresa Carmoble, S.L, resolución que se mantén na súa integridade.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito perante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de procedemento laboral. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Carmoble, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de outubro de 2013

A secretaria xudicial