Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 13 de novembro de 2013 Páx. 44183

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1114/2011).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1114/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rubén Mata Segade contra a empresa Instalaciones Eléctricas Iglesias y Berrocal, S.L., sobre ordinario, ditouse a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza: 563/2013.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: reclamación de cantidade 1114/2011.

Demandante: Rubén Mata Segade.

Letrada: Sra. Jove Vidal.

Demandada: Instalaciones Eléctricas Iglesias y Berrocal, S.L.

Fogasa.

Sentenza nº 563/2013.

A Coruña, 15 de outubro de 2013

Resolución:

Estimo parcialmente a demanda formulada por Rubén Mata Segade fronte á empresa Instalaciones Eléctricas Iglesias y Berrocal, S.L. e, en consecuencia, condeno esta a pagarlle ao primeiro a suma de 6.191,15 euros en concepto de salarios debidos, así como o 10 % de xuro moratorio pola devandita cantidade ata o seu completo pagamento, e absolvo a empresa dos demais pedimentos formulados fronte a ela.

O Fogasa deberá pasar polo contido da presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Advírtase igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causas seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a Instalaciones Eléctricas Iglesias y Berrocal, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 22 de outubro de 2013

A secretaria xudicial