Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 13 de novembro de 2013 Páx. 44186

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (575/2010).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 575/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Casal Cutrín contra a empresa Vázquez Carollo, S.L., Beatriz Borrajo Dios, Jorge Borrajo Dios, Fondo de Garantía Salarial, Panadería Pablo, S.L., Churume, S.L. sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución con esta decisión:

Que estimo integramente a demanda interposta por José Antonio Casal Cutrín fronte ás mercantís Vázquez Carollo, S.L., Panadería Pablo, S.L., Churume, S.L., fronte a Beatriz Borrajo Dios e Jorge Borrajo Dios, na súa condición de administradores concursais, e fronte ao Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) e, en consecuencia, condeno conxunta e solidariamente as mercantís Vázquez Carollo, S.L., Panadería Pablo, S.L. e Churume, S.L., a que lle aboen á demandante a cantidade de 5.733,56 euros en concepto de salarios devindicados nos meses de decembro de 2009 e febreiro e marzo de 2010, máis o 10 % da dita cantidade por demora no seu pagamento, e condeno así mesmo a Beatriz Borrajo Dios e Jorge Borrajo Dios na súa soa condición de administradores concursais.

E para que sirva de notificación en legal forma ás entidades Vázquez Carollo, S.L. e Panadería Pablo, S.L. actualmente en paradoiro descoñecido insiro este edicto.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2013

A secretaria xudicial