Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 20 de novembro de 2013 Páx. 44910

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto vacante de supervisor/a da Área de Formación Continuada e Investigación.

Por Resolución do 2 de setembro de 2013 (DOG núm. 183, do 25 de setembro), convocouse para a súa provisión, polo sistema de libre designación, un posto vacante de supervisor/a da Área de Formación Continuada e Investigación.

De acordo co disposto nas bases da convocatoria, logo do informe da Dirección de Enfermaría a que se fai referencia na base quinta.

Esta xerencia, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG núm. 47, do 7 marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, modificado polo Decreto 111/2013, do 4 de xullo (DOG núm. 140, do 24 de xullo) e na Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

ACORDA:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto vacante de supervisor/a da Área de Formación Continuada e Investigación, anunciado pola Resolución do 2 de setembro de 2013 (DOG núm. 183, do 25 de setembro).

Segundo. Nomear no posto que se indica a persoa que se cita no anexo desta resolución.

Terceiro. O profesional nomeado deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes ao da súa publicación.

Cuarto. A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisorio ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados pola xerente de Xestión Integrada.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Quinto. Contra a presente resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Ourense, 31 de outubro de 2013

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense

ANEXO

Posto: supervisora da Área de Formación Continuada e Investigación.

Nome e apelidos: Esther Pérez Álvarez.

DNI: 34978555V.