Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 20 de novembro de 2013 Páx. 44912

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2641/2013 CG).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 2641/2013 CG.

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 315/2012. Xulgado do Social número 1 da Coruña.

Recorrentes: Juan Manuel Doval Gestal, Marta Otero Martínez.

Avogados: José Manuel Rodríguez Feito, Zaida Pérez López.

Recorridos: Fogasa, Talleres de Abastecimiento, Jardinería y Obras, S.L., Ayuntamiento de A Coruña, Jardinería Arce, S.L., Arborejardín, S.L., Sat Vivero Ártabro, Zonas Verdes Aníbal Soto, Jardincelas, S.L., Procedimientos de Aseo Urbano Pau, S.A.

Avogados: (…), (…), letrado Servizos Xurídicos do Concello da Coruña, María Esther Segura Espinosa, (…), (…), (…), (…), Jorge Manuel Fernández Chao González Dopeso.

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2641/2013 CG, seguido por instancia de Juan Manuel Doval Gestal e Marta Otero Martínez contra Fogasa, Talleres de Abastecimiento, Jardinería y Obras, S.L., Ayuntamiento de A Coruña, Jardinería Arce, S.L., Arborejardín, S.L., SAT Vivero Ártabro, Zonas Verdes Aníbal Soto, Jardincelas, S.L., Procedimientos de Aseo Urbano PAU, S.A., sobre despedimento disciplinario, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Ditaminamos que desestimando os recursos de suplicación interpostos polo letrado José Manuel Rodríguez Feito, actuando en nome e representación de Juan Manuel Doval Gestal, e a letrada Zaida Pérez López, actuando en nome e representación de Marta Otero Martínez contra a sentenza de data dez de outubro de dous mil doce, ditada polo Xulgado do Social número 1 da Coruña nos autos 315/2012, promovidos por instancia dos recorrentes e contra o Concello da Coruña, Jardinería Arce, S.L., Arborejardín S.L., SAT Vivero Ártabro, Jardincelas, S.L, Procedimientos de Aseo Urbano P.A.U., S.A., Zonas Verdes Aníbal Soto, Talleres de Abastecimiento, Jardinería y Obras, S.L. e o Fogasa, debemos confirmar e confirmamos na súa integridade a resolución impugnada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano)».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG, co fin de que lle sirva de notificación en forma a Talleres de Abastecimiento, Jardinería y Obras, S.A., actualmente en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido na avda. de Santa Cristina, 17, Oleiros (A Coruña), coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 24 de outubro de 2013

A secretaria xudicial