Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 20 de novembro de 2013 Páx. 44914

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ferrol

EDICTO (41/2013).

José Miguel Regueiro Pérez, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ferrol, polo presente,

Anuncio que neste órgano xudicial se tramita demanda de familia, garda, custodia, alimentos fillo menor no matrimonio non consensuado 41/2013, seguida por instancia de Adriana Paula da Silva Gouveia, contra Aldoni Pereira Sobrinho, sobre garda, custodia e alimentos, na que recaeu sentenza o 22 de xullo de 2013 en cuxo ditame se acorda estimar a demanda presentada, atribuírlle a garda e custodia da menor á nai e fixar como alimentos a cantidade de 125 euros.

E encontrándose o demandado, Aldoni Pereira Sobrinho, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ferrol, 2 de setembro de 2013

O secretario xudicial