Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 20 de novembro de 2013 Páx. 44916

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (618/2013).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 618/2013 por instancia de Miriam Fabiola Miranda Gaviria contra a empresa Mantenimientos Hércules, S.L., sobre despedimento, nos que recaeu sentenza o 24.10.2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Ditame:

Estímase a demanda formulada por Miriam Fabiola Miranda Gaviria fronte a Mantenimientos Hércules, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada, Mantenimientos Hércules, S.L. á demandante.

– Declárase extinguida a relación laboral que une á demandante Miriam Fabiola Miranda Gaviria coa empresa Mantenimientos Hércules, S.L.

– Condénase á empresa Mantenimientos Hércules, S.L. ao aboamento da indemnización de mil seiscentos cinco euros con oitenta e un céntimos de euro (1.605,81 euros).

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Mantenimientos Hércules, S.L., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 30 de outubro de 2013

O secretario xudicial