Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 20 de novembro de 2013 Páx. 44918

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (102/2013).

Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que na execución número 102/2013 seguida neste xulgado por instancia de Antonio García Pérez contra Manuel Malde López, C.B., Óscar César Malde Pardo de Andrade, Myrian Telleria González e Manuel Malde y Cía., S.R.C. se ditou o día 31 de xullo de 2013 decreto de insolvencia que é firme no día da data no sentido de declarar os executados Manuel Malde López, C.B., Óscar César Malde Pardo de Andrade e Myrian Telleria González en situación de insolvencia total, por importe de 7.225,77 euros [5.523,36 € + 1.702,41 € de xuro por mora salarial do artigo 29.3 do ET desde a data da acta de conciliación no SMAC ata data da sentenza (10 % de 5.523,36 €)] en concepto de principal, máis outros 722,58 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan percibir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional, o que se fai público conforme o prevido no artigo 276.5 da Lei reguladora da xurisdición social.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2013

A secretaria xudicial