Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 20 de novembro de 2013 Páx. 45063

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de información pública de solicitude de licenza para taller de instalación, reparación e substitución de pneumáticos para automóbiles (expediente 472/13).

An Motorsport Lugo, S.L. solicitou desta alcaldía licenza municipal para a instalación dun taller de instalación, reparación e substitución de pneumáticos para automóbiles na rúa da Industria, núm. 37.

Cumprindo o disposto no número 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días, co fin de que durante este, que empezará a contarse desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto, poidan examinar o expediente no Servizo de Licenzas, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

Lugo, 7 de outubro de 2013

Luis Manuel Álvarez Martínez
Tenente de alcalde delegado da Área de Urbanismo e Medio Ambiente