Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 20 de novembro de 2013 Páx. 45064

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sarria

ANUNCIO de información pública sobre solicitude de licenza para ampliación de nave de maquinaria agrícola.

Manuel Gómez Díaz solicita desta alcaldía licenza municipal para instalación de ampliación de nave para exposición e venda de maquinaria agrícola, na estrada LU-546, p.q. 22.300, marxe dereita, deste concello, e, en cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública polo termo de vinte días hábiles, co obxecto de que durante este prazo poida examinarse o expediente, na secretaría deste concello, e se poidan formular as alegacións que se consideren oportunas.

Sarria, 21 de outubro de 2013

José Antonio García López
Alcalde