Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 22 de novembro de 2013 Páx. 45571

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Chantada (expediente IN407A 2013/38-2, 8121 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: LMT, CCTT polígono industrial dos Acivros.

Situación: concello de Chantada.

Características técnicas:

– Paso aéreo a soterrado en simple circuíto situado no apoio proxectado nº 46 de celosía tipo C FL-16/7000-H35-CA III, situado na LMT CHA814 entre os centros de transformación existentes ASMAYECT (27PQ73) e SOILÁN (27AF03).

– Liña de media tensión soterrada a 20 kV con orixe nunha cela de liña existente no centro de seccionamento existente ASMAYECT (27PQ72) e final nunha cela de liña existente no centro de transformación existente polígono-Chantada (27C189), cunha lonxitude de 215 metros en condutor RHZ1-240.

– Liña de media tensión soterrada a 20 kV con orixe nunha cela de liña existente no centro de transformación existente polígono-Chantada (27C189) e final nunha cela de liña proxectada no CT prefabricado proxectado nº 1, cunha lonxitude de 279 metros en condutor RHZ1-240.

– Liña de media tensión soterrada a 20 KV con orixe nunha cela de liña proxectada no CT prefabricado proxectado nº 1 e final nunha cela de liña proxectada no CT prefabricado proxectado nº 2, cunha lonxitude de 29 metros en condutor RHZ1-240.

– Liña de media tensión soterrada a 20 kV con orixe nunha cela de liña proxectada no CT prefabricado proxectado nº 2 e final nunha cela de liña proxectada no CT prefabricado proxectado nº 3, cunha lonxitude de 450 metros en condutor RHZ1-240.

– Liña de media tensión soterrada a 20 kV con orixe nunha cela de liña proxectada no CT prefabricado proxectado nº 3 e final no paso aero-soterrado descrito no primeiro punto, cunha lonxitude de 381 metros en condutor RHZ1-240.

– CT prefabricado de manobra exterior nº 1, cunha potencia inicial de 400 kVA e unha potencia proxectada de 1.000 kVA, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección, relación de transformación 20.000/400-230 V.

– CT prefabricado de manobra exterior nº 2, cunha potencia inicial de 630 kVA e unha potencia proxectada de 1.000 kVA, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección, relación de transformación 20.000/400-230 V.

– CT prefabricado de manobra interior nº 3, cunha potencia inicial de 630 kVA e unha potencia proxectada de 1.000 kVA, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección, relación de transformación 20.000/400-230 V.

– Desmontaxe da LMT aérea CHA814 entre o paso aéreo a soterrado proxectado e o paso aero-soterrado existente situado ao lado do CS ASMAYECT.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 28 de outubro de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo