Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 22 de novembro de 2013 Páx. 45569

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Noia (expediente IN407A 178/2013).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: adecuación CT Chaínza (expediente 5.159).

Situación: concello de Noia.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión soterrada a CT Chaínza, a 20 kV, cunha lonxitude de 25 m, con orixe en arqueta proxectada na LMTS San Bernardo-C. Maderas Ornanda, 5 (expediente 24.737), entre o CT Cabrúns (expediente 30.935) e o CT estrada Argalo (expediente 114/97), en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV-1×240 Al e final na mesma arqueta, unha vez entre e saia do novo CT Chaínza (proxectado).

Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 25 de outubro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña