Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 22 de novembro de 2013 Páx. 45575

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica nos concellos de Forcarei e Cerdedo (expediente IN407A 2013/251-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMT, CS polígono industrial Vilapouca.

Situación: Forcarei e Cerdedo.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor tipo LA-56 de 153 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente nº 1 da saída SJG804 e final no apoio existente nº 3. LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ de 42 metros de lonxitude, con orixe e final na LMTS existente no polígono, entre os CT 36CTV9 e 36CHD9, unha vez entre e saia do CS proxectado. Centro de seccionamento, con celas prefabricadas baixo envolvente metálica, situado no polígono industrial de Vilapouca.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 8 de novembro de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra