Para os efectos do previsto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público (TRLCSP), esta consellería dálle publicidade á formalización do contrato do servizo consistente no desenvolvemento da campaña de publicidade Galicia emprende, o impulso do talento galego e a innovación empresarial como claves para recuperar o crecemento.
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Economía e Industria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.
c) Número de expediente: 02/2013 SX.
d) Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19226
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo de contrato: servizo.
b) Descrición do obxecto: a execución dos traballos consistentes na creatividade, o deseño, a produción de materiais e a inserción de publicidade en diversos medios e soportes dunha campaña na que, baixo a idea de Galicia emprende se destaque o papel do talento e da innovación empresarial como claves para recuperar o crecemento económico e do emprego en Galicia.
c) CPV (referencia de nomenclatura): 79.341000-6 (servizos de publicidade).
d) Acordo marco: non.
e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE), Boletín Oficial del Estado (BOE) e Diario Oficial de Galicia (DOG).
f) Data de publicación do anuncio de licitación: DOUE do 10 de xullo; BOE número 170, do 17 de xullo, e DOG número 133, do 15 de xullo de 2013.
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto e suxeito a regulación harmonizada.
4. Valor estimado do contrato: 429.752,07 euros.
5. Orzamento base de licitación: importe neto 429.752,07 euros. Importe total (IVE 21 %) 520.000 euros.
6. Formalización do contrato.
a) Data de adxudicación: 9 de outubro de 2013.
b) Data de formalización do contrato: 29 de outubro de 2013.
c) Contratista: Imaxe Intermedia, S.A.
d) Importe de adxudicación. Importe neto 429.752,07 euros. Importe total (IVE 21 %) 520.000 euros.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: destaca polo impacto e orixinalidade da súa estratexia creativa, as pezas propostas adecuanse aos obxectivos da campaña requiridos nos distintos soportes, presenta unha estratexia que facilita o cumprimento dos obxectivos da comunicación e propón mecanismos adicionais para o seguimento e control do desenvolvemento da campaña. Obtén tras a valoración dos aspectos cualitativos e cuantitativos un total de 84,97 puntos, puntuación superior á das outras entidades admitidas á licitación.
Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2013
Por delegación (Orde do 26.7.2013; DOG número 154)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria