Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 22 de novembro de 2013 Páx. 45578

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2013, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se ordena a publicación no Diario Oficial de Galicia do depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Gallega de Empresarios de Alquiler de Vehículos con y sin Conductor.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Gallega de Empresarios de Alquiler de Vehículos con y sin Conductor, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación as empresas de alugamento de vehículos de transporte de persoas con ou sen condutor, que o soliciten voluntariamente e reúnan os requisitos recollidos nos seus estatutos.

Asinan a acta de constitución: Francisco Javier Lorenzo González, en representación das entidades Autobuses de Pontevedra, S.A. e Transportes La Unión, e Raúl José López López, en representación da entidade Castromil, S.A.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2013

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social