Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 22 de novembro de 2013 Páx. 45579

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2013, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Asociación Gallega de Piscifactorías de Trucha (Atrugal).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral presentouse acta da asemblea xeral extraordinaria, do 25 de setembro de 2013, en que se recolle o cambio de domicilio social que pasa a ser na avenida de Montserrat, nº 18, 3º C.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2013

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social