Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 22 de novembro de 2013 Páx. 45597

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 7 de novembro de 2013 pola que se notifica a incoación do expediente sancionador por infracción urbanística IU3/99/2011-SA1, devolta polo servizo de Correos por resultar a súa destinataria ausente na repartición.

A Dirección da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 15 de outubro de 2013, incoar o expediente sancionador IU3/99/2011-SA1 a Alicia Almoina Paleo, en calidade de promotora das obras, como presunta responsable dunha infracción urbanística moi grave tipificada no artigo 217.2.b) da LOUG, pola construción dunha vivenda unifamiliar no lugar de Verdón, Montalbán, parroquia de Viveiro, no termo municipal de Viveiro.

Ao non se poder realizar a notificación persoal daquela resolución, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada a dita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, situadas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Unha vez transcorrido ese prazo, a notificación entenderase producida.

A interesada dispón dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para presentar cantas alegacións, documentos e xustificacións considere pertinentes e, se é o caso, propor proba e concretar os medios de que pretenda valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística