Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 22 de novembro de 2013 Páx. 45598

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 13 de novembro de 2013 polo que se somete a información pública a delimitación provisional da liña límite de edificación da estrada autonómica OU-533, no seu treito situado entre os puntos quilométricos 18+620 e 20+035.

Aprobada provisionalmente, por Resolución da dirección da Axencia Galega de Infraestruturas do 12 de novembro de 2013, a delimitación da liña límite de edificación da estrada de titularidade autonómica OU-533, no seu treito situado entre os puntos quilométricos 18+620 e 20+035, e de conformidade co disposto no artigo 41.3 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no artigo 85 do Regulamento xeral de estradas, aprobado polo Real decreto 1812/1994, do 2 de setembro, sométese a antedita delimitación a información pública por un período de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, co fin de que calquera persoa física ou xurídica poida formular as alegacións que considere pertinentes.

Os documentos que se someten a información pública son o informe da Área de Planificación e Programación do 11 de novembro de 2013, a antedita Resolución da dirección da Axencia Galega de Infraestruturas do 12 de novembro de 2013 e o plano en que se establece a delimitación provisional da liña límite de edificación da estrada autonómica OU-533, no seu treito situado entre os puntos quilométricos 18+620 e 20+035.

O expediente estará exposto ao público, en días e horas hábiles de oficina, nos locais desta Axencia Galega de Infraestruturas en Santiago de Compostela (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n), na Delegación da Axencia Galega de Infraestruturas en Ourense (rúa Sáenz Díez, 1) e na Casa do Concello de Viana do Bolo (rúa da Constitución, 14).

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2013

Héctor Presas Veiga
Xefe da Área de Planificación e Programación