Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 22 de novembro de 2013 Páx. 45599

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

ANUNCIO do 19 de novembro de 2013 de corrección de erros nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas publicados mediante Resolución do 15 de outubro de 2013 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo para o desenvolvemento de novas funcionalidades nos sistemas de información do eido de turismo da Xunta de Galicia, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (expediente 113/2013).

Advertidos erros nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas para a referida contratación, publicada mediante a Resolución do 15 de outubro de 2013 no Diario Oficial de Galicia núm. 201, do 21 de outubro, cómpre facer as seguintes correccións:

No prego de cláusulas administrativas particulares:

Na páxina 9, no punto P da folla de especificacións relativa ao compromiso de adscrición de medios, elimínase a observación que figura ao final da táboa, onde di: «(*) Con independencia da dedicación mínima sinalada, para este servizo a empresa dedicará polo menos 24.789 horas do equipo de traballo, durante a duración do servizo».

Na páxina 34, no modelo anexo III: modelo de proposición económica e demais aspectos avaliables mediante fórmulas, dentro dos criterios técnicos avaliables mediante fórmulas, ademais da valoración da eventual modificación e do prezo, engádese a epígrafe correspondente aos parámetros de servizo.

No prego de prescricións técnicas:

Na páxina 13, no número 5.1.1, elimínase a epígrafe 58, onde di: «Para este servizo a empresa dedicará polo menos 24.789 horas do equipo de traballo, durante a duración do servizo».

Na páxina 19, elimínase a epígrafe 103, onde di: «A empresa deberá dispoñer dos recursos axeitados para atender consumos semanais de horas entre 160 e 240 horas, aínda que o consumo habitual será de 200 horas».

Esta corrección afecta o prazo de presentación de ofertas recollido no punto 8 da dita resolución.

Data do envío do anuncio de información adicional ou rectificativo ao Diario Oficial de la Unión Europea: 19.11.2013.

A data límite de obtención de documentación e información e da presentación de ofertas remata o 30.12.2013, ás 14.00 horas.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2013

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia