Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 22 de novembro de 2013 Páx. 45601

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 5 de novembro de 2013, da Xefatura de Área da Coruña, polo que se empraza os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente de resolución C-2003/702, conta 10.

Despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co disposto nos seus artigos 59.4 e 61, e logo de comprobarse a desocupación da vivenda, emprázase os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo; rúa Vicente Ferrer, 2, andar 9º, ala sur, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se ter efectuado a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 5 de novembro de 2013

Luis G. Eirís Puñal
Xefe de Área Provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: C-2003/702, conta 10.

Interesados: Mª Cristina Costa Yagües e outros.