Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 22 de novembro de 2013 Páx. 45602

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, pola que se anuncia licitación, reservada a centros especiais de emprego (CEE) e empresas de inserción laboral (EIL), mediante procedemento aberto, multicriterio e tramitación ordinaria, para a concesión de ocupación de dominio público con destino á explotación dunha tenda-quiosco no Hospital do Meixoeiro.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Domicilio: avda. das Camelias nº 109.

3º. Localidade e código postal: 36211 Vigo.

4º. Teléfono: 986 21 92 33.

5º. Telefax: 986 21 91 05.

6º. Correo electrónico: chuvi.contratacion.administrativa@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todo os días laborais excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: AB CHV1 13 019.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: concesión.

b) Descrición: ocupación de dominio público con destino a explotación dunha tenda-quiosco no Hospital do Meixoeiro.

c) Prazo da concesión: dous anos prorrogables.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, multicriterio e reservado a CEE e EIL.

c) Criterios de adxudicación, se for o caso: oferta economicamente máis vantaxosa tendo en conta os criterios establecidos na cláusula 6.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Canon mínimo de explotación: 4.800 €.

5. Garantías exixidas: non se exixen.

6. Presentación das ofertas:

a) Data límite da presentación: ás 14.00 horas do décimo quinto día natural contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se coincide en sábado ou festivo, o prazo rematará ás 14.00 horas do día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: ver pregos de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro do Hospital Nicolás Peña.

2º. Domicilio: avda. das Camelias nº 109.

3º. Localidade e código postal: Vigo, 36211.

4º. Enderezo electrónico: chuvi.contratación.administrativa@sergas.es

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a apertura das proposicións.

7. Apertura das ofertas:

a) Descrición: mesas de apertura dos sobres B e C.

b) Enderezo: Sala de Xuntas Hospital Nicolás Peña, avda. Camelias nº 109.

c) Localidade e código postal: Vigo, 36211.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante e no taboleiro de anuncios do órgano de contratación.

8. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario.

Vigo, 22 de outubro de 2013

P.D. (Artigo 5 da Orde do 5.7.2012; DOG nº 139, do 20 de xullo)
Mario González González
Xerente de Xestión Integrada de Vigo