Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 22 de novembro de 2013 Páx. 45605

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO de información pública sobre acondicionamento de local para dedicalo a carnizaría (expediente 7153/13).

Por instancia de José Luis Hermida Calvo, o Concello de Lalín está tramitando o expediente para a obtención da licenza de obra para acondicionamento de local para dedicalo a carnizaría na rúa D, núm. 8, Lalín (expediente 7153/13).

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente mediante anuncios no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e exposición no taboleiro de anuncios do concello, para que poida ser examinado no Departamento de Urbanismo-Licenzas e para que se formulen, de ser o caso, alegacións ou reclamacións a este durante o prazo de vinte días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lalín, 24 de outubro de 2013

Román Rodríguez González
Concelleiro delegado de Urbanismo