Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 22 de novembro de 2013 Páx. 45606

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de información pública (expediente 372/13).

Ingapan, S.L.U. solicitou desta alcaldía licenza municipal para a modificación e ampliación da fábrica de pratos cociñados e precociñados con licenzas 181/96, 182/96 e 183/96, na rúa da Agricultura, parcelas 52-53-54 e 55 A.

En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días, co fin de que durante este -que empezará a contarse desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto- poidan examinar o expediente, no Servizo de Licenzas, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Lugo, 16 de outubro de 2013

Luis Manuel Álvarez Martínez
Tenente de alcalde delegado da Área de Urbanismo e Medio Ambiente