Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 22 de novembro de 2013 Páx. 45518

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2013, do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais, pola que se modifica a Resolución do 28 de febreiro de 2011 pola que se establecen as normas de funcionamento das programacións incluídas na Rede galega de teatros e auditorios.

O Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais, na reunión do 14 de novembro de 2013, acorda a modificación da Resolución do 28 de febreiro de 2011 pola que se establecen as normas de funcionamento das programacións incluídas na Rede galega de teatros e auditorios, modificada pola Resolución do 6 de marzo de 2013, do Consello Reitor da Agadic, pola que se modifica a Resolución do 28 de febreiro de 2011 pola que se establecen as normas de funcionamento das programacións incluídas na Rede galega de teatros e auditorios.

Artigo único

Modifícase o artigo 2 da Resolución do 28 de febreiro de 2011 pola que se establecen as normas de funcionamento das programacións incluídas na Rede galega de teatros e auditorios.

«Artigo segundo. Períodos de programación

As programacións da Rede galega de teatros e auditorios estruturaranse en dous períodos de programación, que comprenderán os meses de xaneiro a xuño, o primeiro, e de xullo a decembro, o segundo».

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2013

Jesús Vázquez Abad
Presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais