Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 22 de novembro de 2013 Páx. 45540

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (600/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 600/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de David Hugo Castro López contra a empresa Construcciones del Noroeste 2005, S.L., Fondo de Garantía Salarial Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Sentenza 546/2013.

A Coruña, 9 de outubro de 2013.

Vistos por Miguel Herrero Liaño, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo nº 600/2011, seguidos por instancia de David Hugo Castro López, representado pola letrada Sra. Campos Vázquez, fronte á empresa Construcciones del Noroeste 2005, S.L.,con intervención procesual do Fogasa, que non comparece, sobre reclamación de cantidade.

Antecedentes de feito:

Primeiro. A parte demandante formulou demanda, con entrada o día 9 de xuño de 2011, que foi recibida neste xulgado, contra a demandada xa mencionada, na que despois de expor os feitos e fundamentos que considerou pertinentes, terminaba suplicando que se ditase sentenza pola que se condenase a empresa demandada a aboar á demandante a cantidade de 11.219,06 euros, máis o xuro que establece o artigo 29.3 ET.

Segundo. Admitida a trámite a demanda, convocáronse as partes aos actos de conciliación e xuízo que tiveron lugar coa asistencia da parte demandante, sen compareceren a empresa demandada nin o Fogasa malia seren citados en legal forma. Ratificada a demanda, recibiuse o xuízo a proba, propúxose proba documental e interrogatorio de parte. Logo de declaración de pertinencia, uníronse aos autos os documentos presentados, co resultado que consta neles. Seguidamente as partes fixeron uso da palabra para conclusións en apoio das súas pretensións e quedou o xuízo visto para sentenza.

Terceiro. Na tramitación destes autos seguíronse todas as prescricións legais vixentes.

Feitos probados:

Primeiro. A parte demandante prestou servizos para a empresa demandada desde o 26.2.2009, coa categoría de peón, percibindo un salario mensual de 1.187,29 euros, con inclusión do rateo de pagas extraordinarias.

Segundo. A empresa débelle á demandante a cantidade de 11.219,06 euros correspondentes aos salarios de xuño de 2010 ao 21 de decembro de 2010, pagas extraordinarias, vacacións e indemnización de fin de contrato, todo isto segundo o detalle que se recolle no feito terceiro da demanda, que se dá por reproducido.

Terceiro. Tivo lugar acto de conciliación previa ante o SMAC co resultado de intentado sen efecto por incomparecencia da parte demandada.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. A anterior relación de feitos despréndese da valoración conxunta da proba practicada en autos para os efectos do artigo 97.2 LPL/LRXS, e da documental achegada pola demandante, que consta de contrato de traballo, nóminas e comunicación de fin de contrato, todo isto sen prexuízo do que se expresa a seguir sobre a valoración probatoria.

Segundo. Neste procedemento a parte demandante formula reclamación de cantidade correspondente a salarios, parte proporcional de vacacións e indemnización por fin de contrato, pendentes no momento da extinción da relación laboral. A parte demandada, correctamente citada, non compareceu.

Tendo en conta que o principio regulador da carga da proba nos supostos de reclamación de pagamento de cantidades por salarios devindicados e non percibidos determina que o reclamante está obrigado a demostrar a prestación dos servizos cuxo pagamento reclama e, en consecuencia, a devindicación non satisfeita do salario correspondente a eles, e que é ao demandante (se exceptúa o pagamento ou calquera feito expeditivo ou extintivo) a quen incumbe a carga de probar tal pagamento ou calquera feito impeditivo ou extintivo –sentenzas do Tribunal Supremo do 13 de maio de 1986, 26 de xaneiro de 1988 e 2 de marzo de 1992–. A aplicación do onus probandi –coa consecuente imposición ao traballador da carga de acreditar o presuposto constitutivo da súa pretensión– determina a necesidade de que o empregador demandado xustifique o aboamento efectivo das retribucións reclamadas.

Daquela, xa que corresponde ao empresario probar o pagamento dos salarios reclamados –feitos extintivos– pois o traballador logrou acreditar os feitos constitutivos da súa reclamación de diñeiro, tendo en conta a documental achegada e en aplicación dos artigos 304 da Lei 1/2000, de axuizamento civil, e 91.2 LPL/LRXS, ante a súa incomparecencia e citación cos apercibimentos correspondentes, débense considerar recoñecidos os feitos que constan na demanda, relación laboral, categoría profesional, antigüidade, salarios, cantidades devindicadas durante os últimos meses da súa relación laboral e, igualmente, do mesmo xeito, a falta de aboamento pola parte demandada.

Consecuencia da proba articulada no suposto de autos, acreditáronse nas actuacións os presupostos constitutivos da obriga, todo o cal implica as obrigas contidas nos artigos 4.2.f) e 29.1º e 53.4 do Estatuto dos traballadores, en relación co artigo 122.3 da Lei reguladora da xurisdición social, correspondendo ao demandado a proba dos feitos que impidan, extingan ou enerven tales obrigas (artigos 217.3º e 281 da LAC). De non se practicar tal proba, débese estimar a demanda, con obriga do aboamento das cantidades que se declararon probadas.

Terceiro. De conformidade co artigo 29.3 ET, a cantidade obxecto de condena débese incrementar co xuro moratorio fixado no precepto en canto a conceptos salariais.

Vistos os preceptos citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Resolvo:

Que debo estimar e estimo a demanda interposta por David Hugo Castro López fronte á empresa Construcciones del Noroeste 2005, S.L., con intervención do Fogasa e, en consecuencia, debo condenar e condeno a parte demandada a aboar á demandante a cantidade de 11.219,06 euros, que se incrementarán co xuro moratorio previsto no artigo 29.3 ET en canto aos conceptos salariais.

Notifíquese a resolución ás partes advertindo que contra ela non cabe interpor ningún recurso.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones del Noroeste, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 31 de outubro de 2013

Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial