Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 22 de novembro de 2013 Páx. 45544

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (799/2012).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 799/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Elvira Pérez López, José Ángel Rivas Penín e Agustín Sánchez Pena contra Friger, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza coa seguinte resolución:

Que, estimando a demanda interposta por Elvira Pérez López, representada pola letrada Sra. Airado Bello, por José Ángel Rivas Penín, asistido polo letrado Sr. Vázquez Díaz, e Agustín Sánchez Pena, representado polo letrado Sr. Vázquez Díaz, contra a empresa Mercantil Española de Refrigeración, S.L., que non compareceu malia estar citada en legal forma, e con intervención do Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), representado polo letrado Sr. Linares Ferrer, debo condenar e condeno a expresada empresa demandada a lle aboar a Elvira Pérez López a cantidade de dezaoito mil catrocentos dezanove euros con catro céntimos (18.419,04 euros); a José Ángel Rivas Penín a cantidade de dous mil noventa euros con setenta e oito céntimos (2.090,78 euros); e a Agustín Sánchez Pena a cantidade de dezaoito mil oitocentos doce euros con corenta e un céntimos (18.812,41 euros). A estas cantidades deberáselles aplicar o 10 % por mora, agás as debidas en concepto de indemnización por despedimento (18.223,20 euros, no caso de Elvira Pérez López; 2.063,07 euros, no caso de José Ángel Rivas Penín, e 17.683,20 euros, no caso de Agustín Sánchez Pena).

Isto sen prexuízo da ulterior responsabilidade que poida ter o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) nos casos legalmente previstos.

Isto con imposición de custas á parte demandada (incluídos os honorarios do letrado da parte contraria interveniente, ata o límite de 600 euros).

Notifíquese esta sentenza ás partes, coa advertencia de que contra ela cabe interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dentro dos cinco días seguintes ao da súa notificación, por conduto deste xulgado, ante o cal deberá ser anunciado tal propósito mediante comparecencia ou por escrito, e cos demais requisitos exixidos nos artigos 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social.

E para que sirva de notificación en forma a Friger, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

Lugo, 31 de outubro de 2013

O secretario xudicial