Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 22 de novembro de 2013 Páx. 45546

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (938/2012).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 938/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Flora Sánchez Casais contra a empresa Systemic Servicios y Mantenimiento, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución cuxo ditame expresa:

«Que estimo integramente a demanda interposta por Flora Sánchez Casais fronte á mercantil Systemic Servicios y Mantenimiento, S.L. e o Fogasa e, en consecuencia, declaro extinguida a relación laboral no día de hoxe (10.6.2013), e condeno a mercantil demandada a estar e pasar por esta declaración e a aboar á demandante a cantidade de 3.987,49 euros en concepto de indemnización.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Prevense á empresa demandada que para recorrer deberá acreditar ter ingresado na conta de consignacións deste xulgado o importe da condena ou aval bancario solidario e 150,00 euros en concepto de depósito, sen cuxo requisito non será admitido a trámite o recurso, quedando firme a sentenza.

Así o acordo, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Systemic Servicios y Mantenimiento, S.L. inserto o presente no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2013

A secretaria xudicial