Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 22 de novembro de 2013 Páx. 45547

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (716/2010).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 716/2010 deste xulgado do Social, seguido por instancia de Manuel Reboiras Rodríguez contra a entidade Procesados y Acabados Metálicos Tornal, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Que estimando integramente a demanda interposta por Manuel Reboiras Rodríguez contra a entidade Procesados y Acabados Metálicos Tornal, S.L., debo condenar e condeno a demandada a lle aboar ao demandante, coa responsabilidade do Fogasa nos termos do artigo 33 do Estatuto dos traballadores, a suma de cinco mil cento vinte e oito euros con oitenta e dous céntimos (5.128,82 euros) en concepto de salarios, máis os xuros por mora previstos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores respecto desa cantidade.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa esta resolución e fágaselles saber que contra ela poderán interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma á entidade Procesados y Acabados Metálicos Tornal, S.L., na persoa do seu administrador Joaquín Pérez Rodríguez, insiro este edicto no Diario Oficial de Galicia».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2013

A secretaria xudicial