Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 22 de novembro de 2013 Páx. 45548

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (127/2013).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 127/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marta Sesar Segade contra a empresaria Grace Antonia Nouel Brache, sobre despedimento, ditouse Decreto 499/2013, o 21 de outubro, declarado firme no día de hoxe, polo que se declarou a insolvencia provisional parcial da executada Grace Antonia Nouel Brache (NIF 33244371X) pola suma de 15.118,52 euros, o que se fai público para os efectos previdos no artigo 276.5 da LXS.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2013

A secretaria xudicial