Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 22 de novembro de 2013 Páx. 45549

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (18/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 18/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Baamonde Rego, contra a empresa Frigoríficos Riveira Mar, S.L., Graña Mar, S.L. e Marcolfer, S.A., sobre reclamación de cantidade, ditouse auto, o 25 de outubro de 2013, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva.

Rectifico o auto do 7 de agosto de 2013 que figura na presente execución nos termos que se expoñen na presente resolución de forma que onde di que a indemnización que hai que aboar é de 27.508,63 euros, debe dicir 31.133,96 euros.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Fogasa, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso ningún sen prexuízo dos que se poidan interpoñer contra a resolución rectificada.

Así o acordo, mando e asino

A maxistrada xuíza».

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Graña Mar, S.L. e Marcolfer, S.A., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2013

A secretaria xudicial