Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 22 de novembro de 2013 Páx. 45550

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (544/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 544/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pablo Villaverde Varela contra a empresa Teoplac Aislamientos, S.L., Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Decreto.

Secretaria xudicial: Susana Varela Amboage.

En Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2013.

Parte dispositiva:

Acordo:

– Admitir a trámite a demanda presentada e, en consecuencia,

– Citar as partes para que comparezan o día 2.12.2013 ás 10.25 horas na planta baixa, para a realización do acto de conciliación ante o/a secretario/a xudicial e, unha vez intentada, e en caso de non alcanzarse a avinza, ás 10.30 horas do mesmo día, na sala de vistas, para a realización do acto de xuízo ante o/a maxistrado/a.

– Advírtese a parte demandante de que, en caso de non comparecer ao sinalamento sen alegar xusta causa que motive a suspensión dos actos de conciliación e xuízo, considerarase que desiste de súa demanda; advírtese igualmente a parte demandada de que a súa incomparecencia aos referidos actos non impedirá a súa realización, e que estes continuarán sen necesidade de declarar a súa rebeldía.

Respecto ao solicitado nos outrosís:

Ao outrosí procede o solicitado conforme o artigo 90.2 LPL/90.3 LXS, sen prexuízo de que o momento procesual oportuno para formular e admitir a proba sexa o acto de xuízo (artigo 87 LXS). Para tal efecto, fágaselle saber á parte demandada que deberá comparecer persoalmente ou través de persoa con poder suficiente e, no caso de persoas xurídicas, a través de quen legalmente as represente e teña facultades para responder a tal interrogatorio, advertindo de que, en caso de non comparecer, poderá impórselle a multa prevista no artigo 292.4 da Lei de axuizamento civil e que se non comparece sen xusta causa á primeira citación, se nega a declarar ou persiste en non responder afirmativa ou negativamente, a pesar do apercibimento que se lle fixo, poderán considerarse recoñecidos como certos, na sentenza os feitos a que se refiran as preguntas, sempre que o interrogado interviñese neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo ou en parte. En caso de que o interrogatorio non se refira a feitos persoais, admitirase a súa resposta por un terceiro que coñeza os feitos, se a parte así o solicita e acepta a responsabilidade da declaración.

Se o representante en xuízo non interveu nos feitos deberá levar ao xuízo a persoa coñecedora directa deles. Con tal fin, a parte interesada poderá propor a persoa que se deba someter ao interrogatorio, xustificando debidamente a necesidade de tal interrogatorio persoal.

A declaración das persoas que actuasen nos feitos litixiosos en nome do empresario, cando sexa persoa xurídica privada, baixo a responsabilidade deste, como administradores, xerentes ou directivos, soamente se poderá acordar dentro do interrogatorio da parte por conta da cal actuaron e en calidade de coñecedores persoais dos feitos, en substitución ou como complemento do interrogatorio do representante legal, salvo que, en función da natureza da súa intervención nos feitos e posición dentro da estrutura empresarial, por non prestar xa servizos na empresa ou para evitar indefensión, o xuíz ou tribunal acorde a súa declaración como testemuñas.

Ao outrosí considérase presentada a documentación que se xunta á demanda, únase aos autos correspondentes, sen prexuízo de que a parte deba propoñela no acto de xuízo como medio de proba do que se intentará valer.

Realizándose designación de letrado subscrita polo profesional e achegando os datos de domicilio legalmente exixidos, considérase asumida a representación con plenas facultades procesuais, sen prexuízo da ratificación posterior en xuízo do demandante.

– Citar a María Vidal Botana, como parte demandada e a José Luis Castelao Doce como representante legal da empresa Teoplac Aislamientos, S.L., co apercibimento de que, en caso de incomparecencia, poderán ser considerados confesos.

– Requirir a demandada para que presente no acto de xuízo os seguintes documentos:

– Recibos de salarios do demandante.

– Contratos do traballo do demandante.

– Boletíns de cotización á S.S.

– Calendario laboral.

Sen que isto signifique a admisión da proba proposta polo demandante, xa que este deberá propoñela e, de ser o caso, o/a xuíz/a admitila no acto de xuízo (artigo 87 da LPL).

– Antes da notificación desta resolución ás partes, paso a dar conta a SSª do sinalamento efectuado pola secretaria xudicial encargada da axenda programada de sinalamentos.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición, que se deberá interpor ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A secretaria xudicial.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2013

A secretaria xudicial