Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 22 de novembro de 2013 Páx. 45553

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2013, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se fai pública a formalización dun contrato administrativo.

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato: servizos para a elaboración dunha creatividade necesaria para o desenvolvemento das distintas campañas institucionais en datas de especial relevancia, anos 2013 e 2014.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Secretaría Xeral de Medios.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Xestión de Medios Audiovisuais.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia número 133, do 15 de xullo de 2013.

2. Orzamento base de licitación: 173.000 euros (IVE excluído).

3. Adxudicación.

a) Data: 6 de novembro de 2013.

b) Contratista: J&J Publicidad y Comunicación, S.L.

c) Importe da adxudicación: 138.390 euros (IVE excluído).

4. Data de formalización do contrato: 7 de novembro de 2013.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2013

María Mar Sánchez Sierra
Secretaria xeral de Medios