Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 22 de novembro de 2013 Páx. 45554

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2013 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo da obra de conexión do porto seco de Monforte de Lemos coas estradas LU-933 e CN-120, treito porto seco-LU-933.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 14/2013 M.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19054

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: obra.

b) Descrición: conexión do porto seco de Monforte de Lemos coas estradas LU-933 e CN-120, treito porto seco-LU-933.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 45233000.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto harmonizado.

4. Valor estimado do contrato: 5.117.844,98 euros.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 5.117.844,98 euros. Importe total: 6.192.592,43 euros.

6. Financiamento: cofinanciado nunha porcentaxe máxima do 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 4, tema prioritario 26.

7. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 1.10.2013.

b) Data de formalización do contrato: 28.10.2013.

c) Adxudicatario: UTE Vila Río Miño-Antalsis.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 4.415.676,65 euros. Importe total con IVE: 5.342.968,75 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2013

P.D. (Orde do 15.3.2012; DOG nº 58, do 23 de marzo)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas