Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 22 de novembro de 2013 Páx. 45556

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 31 de outubro de 2013, do Servizo de Mobilidade da Coruña, pola que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente XC-01371-O-2013 e XC-01567-O-2013).

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que a seguir se relacionan as resolucións que o xefe territorial ditou nos expedientes sancionadores instruídos por infracción da normativa sobre transporte terrestre porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Infórmaselles que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta empregando o modelo impreso que se facilitará neste Servizo de Mobilidade.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

A Coruña, 31 de outubro de 2013

César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

XC-01371-O-2013

7953-FHN

Garda Civil

1503 N41519R

Transportes C. Novoa e Hijos, S.L.

B49125735

Avda. Federico Silva, nº 34, 1º, 3ª, 49600 Benavente (Zamora)

Calquera das infraccións previstas no artigo 141 cando, pola súa natureza, ocasión ou circunstancia non deba ser cualificada como grave: exceso na condución ininterrompida superior ao 20 % e inferior ou igual ao 50 % do tempo máximo autorizado sen observar as pausas regulamentarias. Condución ininterrompida (máis de 5.24 h a 6.15 h).

2.2.2013; 2.24; FE-12; 2

Art. 141.6 LOTT, art. 198.6 ROTT

Art. 143.1.k) LOTT, art. 142.25 LOTT

301 euros

XC-01567-O-2013

4907-DWY

Garda Civil

1504 A35144Y

Fabricación de Armarios del Noroeste, S.L.

B15647357

Polg. Bergondo Cortiñán, H 22-23, 15165 Bergondo (A Coruña)

A realización da actividade con vehículos alleos sobre os cales no se teñan as condicións de dispoñibilidade legalmente exixibles.

8.2.2013; 10.30; AC-302; 2,00

Art. 142.22 LOTT, art. 199.22 ROTT

Art. 143.1.a) LOTT, art. 201.1.a) ROTT

200 euros