Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 22 de novembro de 2013 Páx. 45558

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 30 de outubro de 2013, do Servizo de Mobilidade da Coruña, pola que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente XC-01786-O-2013 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que se relacionan no anexo acordos de incoación por infracción da normativa sobre transporte terrestre porque, intentada a notificación, non se puido efectuar. Por este motivo iniciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar á imposición das sancións que tamén se citan.

Infórmaselles que teñen dereito a alegar por escrito ante este Servizo de Mobilidade o que consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden oportunas no prazo de quince días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

No suposto de que decidan voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

A Coruña, 30 de outubro de 2013

César Concheiro Ceide
Instrutor xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

anexo

Expediente

Matrícula

Denunciante

Denunciado

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción denunciada

Data; hora; estrada; p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

XC-01786-O-2013

9173-DXZ

Garda Civil 1503 W-04047-P

Transportes Arrive IS S-20, S.L.

B70302815

Isaac Peral, Pol. Espíritu Santo, 4B

15650 Cambre (A Coruña)

Realizar transporte público de mercadorías nun vehículo lixeiro carecendo do título habilitante.

24.5.2013; 20.13.00; AP-9; M 1

Art. 140.1 da LOTT.

Art. 141.25 da LOTT

Art. 143.1.k) da LOTT.

Art. 143.1.f) da LOTT

801 €

XC-02719-O-2013

4935-CVW

Garda Civil 1501 I-92933-X

Transportes Enjamio, S.L.

B70129226

Dormeá, O Batán, s/n

15818 Boimorto (A Coruña)

Exceso nos tempos máximos de condución diaria (sobre 10 horas). Máis de 10 horas ata 11 horas.

28.6.2013; 18.40.00; A-6; 564.000

Art. 142.17 da LOTT

Art. 143.1.a) da LOTT.

Art. 143.4.b) da LOTT

100 €

XC-02727-O-2013

9084-CLW

Garda Civil 1504 I-54077-K

Guillermo López Carballal

32417499B

Outeiro, Cortiñán, 11-A

15165 Bergondo (A Coruña)

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

19.6.2013; 16.48.00; AC-550; 106,500

Art. 140.35 da LOTT

Art. 143.1.g) da LOTT

1.001 €