Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 26 de novembro de 2013 Páx. 45812

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 8 de novembro de 2013 pola que se declara deserto un posto vacante nesta consellería convocado para a súa provisión, polo sistema de libre designación, pola Orde do 1 de agosto de 2013.

Mediante a Orde do 1 de agosto de 2013, publicada no Diario Oficial de Galicia número 158, do 21 de agosto, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante na Consellería de Traballo e Benestar que se detalla no anexo desta orde.

De conformidade co establecido nos artigos 17.4 e 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e demais normativa vixente, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Declarar deserto o posto de traballo que se indica no anexo desta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, conforme os artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2013

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar

ANEXO

Denominación do posto: subdirector/a xeral de Inclusión, Inmigración e Acción Social.

Código: TR.C06.00.002.15770.001.

Nivel: 30.

Dependencia: Dirección Xeral de Familia e Inclusión.

Localidade: Santiago de Compostela.