María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 73/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Aurelio Cabanas Cibrán contra a empresa Refengo, S.L., coa intervención do Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, ditouse sentenza o 30.10.2013 cuxo ditame literalmente di así:
«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Aurelio Cabanas Cibrán, contra Refengo, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Refengo, S.L., a que aboe ao demandante a cantidade de 2.869,54 euros brutos, polos salarios devindicados entre setembro de 2007 e abril de 2008, a compensación económica polas vacacións non gozadas do ano 2008, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais.
Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.
Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer recurso ningún.
En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.
Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.
Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».
Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
Para que conste e para inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa demandada Refengo, S.L. expido e asino o presente edicto.
A Coruña, 5 de novembro de 2013
A secretaria xudicial