María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 165/2012 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Óscar Chico Bedoya contra a empresaria María Teresa Beiro Mayo, sobre cantidade, se ditou o Decreto 496/2013, do 21 de outubro, declarado firme no día de hoxe, polo que se declarou a insolvencia parcial, que se entenderá para todos os efectos como provisional, da executada María Teresa Beiro Mayo (DNI 44824834-L) pola suma de 13.572,68 euros, o que se fai público para os efectos previdos no artigo 276.5 da Lei reguladora da xurisdición social.
Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2013
A secretaria xudicial