Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 28 de novembro de 2013 Páx. 46189

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 4 de novembro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fan públicas resolucións denegatorias de incentivos á contratación das persoas traballadoras, reguladas na Orde do 21 de marzo de 2011 (Diario Oficial de Galicia núm. 61, do 28 de marzo), relativa aos expedientes TR348B 2011/1286-1 e TR348B 2011/1372-1.

Intentada a notificación das ditas resolucións segundo o disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles aos interesados o contido das resolucións que figuran como anexo para que poidan ter coñecemento delas.

Estas resolucións poñen fin á vía administrativa e contra elas os interesados poden interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpoñer un recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rúa Salvador de Madariaga, nº 9, 1º, na Coruña, e a obter, se é o caso, copia da resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 4 de novembro de 2013

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: TR348B 2011/1286-1.

Nome ou razón social: Xestión Gráfica A Picota, S.L.

DNI/NIF: B70018890.

Último enderezo coñecido: Juan de la Cierva, 22, 1º, 15008 A Coruña.

Tipo de axuda: transformación de contrato temporal en indefinido.

Contido da resolución: non concesión da axuda solicitada.

Data da resolución: 17.9.2013.

Nº de expediente: TR348B 2011/1372-1.

Nome ou razón social: Manuel Villaverde Bestilleiro.

DNI/NIF: 32789257C.

Último enderezo coñecido: Mantelería, 2, 4º, 15003 A Coruña.

Tipo de axuda: transformación de contrato temporal en indefinido.

Contido da resolución: non concesión da axuda solicitada.

Data da resolución: 17.9.2013.