Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 28 de novembro de 2013 Páx. 46191

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 6 de novembro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública a procedencia de reintegro de axudas e subvencións ao programa para a promoción da integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego e na empresa ordinaria, reguladas na Orde do 30 de decembro de 2008 (Diario Oficial de Galicia do 19 de xaneiro de 2009), relativa aos expedientes TR343A 2009/16-2 e TR343A 2009/43-2.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles as interesadas o contido da resolución que figura como anexo para que poidan ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que as asiste para interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70, baixo, Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 6 de novembro de 2013

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR343A 2009/16-2.

Nome: Montajes Eléctricos Jois, S.L.U.

DNI/NIF: B27339050.

Último enderezo coñecido: A Devesa, 8, 27700 Ribadeo, Lugo.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo o traballador contratado ao abeiro deste programa por un período mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: base novena, número 1, da orde de convocatoria.

Contido da resolución: procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR343A 2009/43-2.

Nome: Xelda Eido Rural, S.L.

DNI/NIF: B27389303.

Último enderezo coñecido: rúa Quiroga Ballesteros, 17, planta B, 27346 O Incio, Lugo.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo o traballador contratado ao abeiro deste programa por un período mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: base novena, número 1, da orde de convocatoria.

Contido da resolución: procedencia de reintegro.