Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 28 de novembro de 2013 Páx. 46163

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (769/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 769/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ramón Vázquez Rial contra as empresas Servicio de Ingeniería y Montaje Alen, S.L., Neo Energy Solutions Europe, S.L., Rann Logisti, S.L. ditouse a seguinte resolución:

«Rectifico os seguintes erros materiais existentes na sentenza recaída nos presentes autos:

No ditame onde di: «Ramón Méndez Rial»; debe dicir: «Ramón Vázquez Rial» e, igualmente, onde di: no punto terceiro «en concepto de horas extras, axudas, quilometraxe e salarios devindicados desde febreiro a decembro de 2012»; debe dicir: «en concepto de horas extras, axudas, quilometraxe e salarios devindicados desde febreiro de 2012 a marzo de 2013».

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe recurso ningún, sen prexuízo dos que poidan interpoñer contra a resolución rectificada.

E para que sirva de notificación en legal forma ás codemandadas Neo Energy Solutions Europe, S.L. e Rann Logisti, S.L. insírese o presente edicto no taboleiro de anuncios deste xulgado».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2013

A secretaria xudicial